Aprazada a charla médica do ciclo organizado polo Concello de Foz para este mércores

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz inicia este mércores, día 9, unha nova edición do ciclo de charlas médicas. Serán todos os mércores de novembro
301023 PRESENTACIÓN CICLO DE CHARLAS MÉDICAS FOZ
301023 PRESENTACIÓN CICLO DE CHARLAS MÉDICAS FOZ
14 Nov 2023

A charla médica do ciclo organizado polo Concello de Foz que estaba prevista para este mércores 15 -sobre a próstata, a cargo do urólogo Marco Antonio García Expósito- aprázase para o día 29 deste mes co mesmo horario e lugar: ás 20 horas na Casa da Cultura. Anunciouno a concelleira de Sanidade, Kathy Navarro.

Dentro deste ciclo para o mércores 22 está programada a charla do psiquiatra Diego Gonzalez Peña, que falará sobre A saúde mental na actualidade.

A concelleira de Sanidade, Comercio e Turismo, Kathy Navarro, agradece a colaboración e disposición do Hospital público da Mariña “por facer posible estas charlas, que achegan coñecemento aos veciños; e tamén aos relatores, por toda a labor que están a facer”.

0.20435500144958