A piscina de Alfoz abrirá o 1 de xullo
AMariñaXa
O Concello de Alfoz abrirá a piscina municipal o día 1 de xullo trala renovación e mellora das instalacións. Abrirá durante xullo e agosto.
27 Jun 2022
O Concello de Alfoz abrirá a piscina municipal o día 1 de xullo trala tempada de inverno e a preparación das instalacións para a súa segura utilización. Esta abrirá durante os meses de xullo e agosto completos.
O horario será de luns a domingo de 12.00 a 20.00 horas e o uso da mesma é totalmente gratuito, sendo un servizo fundamental durante o verán contando con dous vasos, un deles infantil, e unha amplia zona verde de lecer, servizo de socorrista, etc.