Apaga participa no Proyecto Erasmus+ THEIDE

AMariñaXa
A asociación participa nun encontro sobre a aplicación de Hidróxeno nos vehículos
erasmus-apaga-ribadeo
5 Nov 2024

A Coordinadora de Erasmus+ da Asociación Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA), con sede en Ribadeo, Sandra Gómez, viaxa a Turquía xunto a dous profesores para participar na 3ª Reunión do ¨Proxecto Erasmus+ THEIDE¨.

Este importante encontro centrarase na aplicación do Hidróxeno nos vehículos, un tema de crecente relevancia no contexto da sostibilidade e a innovación no transporte.

O Proxecto THEIDE reúne a institucións educativas e expertos de varios países, incluíndo Croacia, Italia, Portugal e Turquía co obxectivo de fomentar o intercambio de coñecementos e experiencias no ámbito da tecnoloxía do hidróxeno.

Durante a reunión, os participantes discutirán avances, compartirán boas prácticas e explorarán novas oportunidades de colaboración.

Sandra Gómez expresou o seu entusiasmo pola oportunidade de representar á Asociación APAGA neste proxecto internacional. "Estamos comprometidos coa educación e a innovación sostible. A aplicación do Hidróxeno nos vehículos é un paso crucial cara a un futuro máis limpo e eficiente e estamos emocionados de colaborar cos nosos socios europeos neste esforzo", expresou.

A Asociación APAGA dedícase a promover a educación e a formación a través de programas internacionais como Erasmus+, e esta reunión é unha excelente oportunidade para fortalecer a cooperación entre as institucións participantes.

0.19601702690125