Apaga participa en Grecia na primeira xuntanza da Rede Europea de Aprendices
AMariñaXa
Apaga participa ne Grecia ata o mércores, 15 de setembro, na primeira xuntanza transnacional para a creación da rede europea de aprendices.
14 sep 2021
Apaga participa en Kavala (Grecia) ata o mércores, 15 de setembro, na primeira xuntanza transnacional para a creación da rede europea de aprendices.
En Grecia están o presidente de Apaga, Álvaro Doural, e a responsable de Accións Internacionais da asociación, Sandra Gómez.
Doural explicou que “asistimos durante tres días a unha xuntanza de traballo con compañeiros de Turquía, Italia, Grecia e España. Trátase da primeira reunión do proxecto europeo Sustainable eficient and socially inclusive quality apprendice training, que ten coma obxectivo a creación dunha rede europea de aprendices”.
O presidente de Apaga dixo que “aproveitamos para visitar centros de formación profesional e tamén empresas gregas”.