Anxo e Germán recibiron os premios do XIV Concurso Fotográfico de Medio Ambiente Cervo Respecta
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, entregaron os premios do XIV Concurso Fotográfico de Medio Ambiente Cervo Respecta, no Parque Reina Sofía.
O certame contou coa participación de 44 instantáneas cun grandísimo nivel; pero o xurado coincidiu en premiar Anxo Cao co primeiro premio pola súa foto Cea ao atardecer, con 58 puntos; a Germán Paleo co segundo premio pola súa foto Esfinge Colibrí, con 57 puntos; e o TOP Cervo á mellor fotografía na que se indentificaba claramente unha paraxe do Concello tamén foi para Germán Paleo, pola instantánea A Ponte do Bao, con 49 puntos, coa que fixo doblete.
"Parabéns a Anxo e a Germán e moitas grazas a todas as persoas que participaron e que quixeron compartir con nós o seu talento a través da óptica", dixeron desde o Goberno local.