Anuncian as primeiras mobilizacións en Alcoa
O presidente do comité de Alcoa en Cervo, José Antonio Zan, anunciou que se comenzarán xa coas novas mobilizacións en protesta pola paralización do proceso de venda do sector do Aluminio á Sepi.
O responsable municipal indicou que malia no haber data fixa para as mobilización nin un deseño claro do que se fará, queren falela coincidir co 28 de maio, cando se cumpre un ano desde que a empresa anunciou o expediente de regulación de emprego que finalmente non puido levar adiante e coa operación de venda da planta da Mariña aínda pendente.
O comité de empresa reclama que no escenario actual "dependemos dunha decisión política e para obrigar a que esa decisión política se leve a cabo o que faremos é presionar aos políticos tanto locais, como provinciais e nacionais a ver se dun vez por todas a SEPI fai todo o que prometeu", dixo.
Zan non quere buscar culpables e asegura que "necesitamos é que se poñan solucións enriba da mesa, que empece a negociación co comprador ou compradores que poida haber e que se atope unha saída canto antes", subliñou.
SUBDELEGADA DO GOBERNO
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, lémbralle ao conselleiro de Industria que a responsabilidad da situación de incerteza na que se atopan os traballadores de Alcoa é da multinacional norteamericana, non do Goberno de España.
Nunhas declaracións que fixo esta mañá a subdelegada destacou que "o Goberno sempre estivo remando a favor dos traballadores de Alcoa e da comarca da Mariña. Leva desde o primeiro momento implicado na busca dunha saída. E o noso compromiso non son só palabras senón feitos. O Goberno nunca se puxo de lado: fai xestións para buscar un comprador, presiona a Alcoa para evitar o peche e pon cartos riba da mesa. Nas tres últimas semanas este Goberno aprobou o gasto de 170 millóns de euros para axudas á industria electrointensiva e para compensar os custes por emisións de CO2. Cartos públicos para axudar a empresas como Alcoa. Esto é compromiso. Non verborrea".
A subdelegada insiste en que Alcoa ten que decidirse xa a vender. "E, por certo, hai que recordar que en Galicia a Xunta é quen ten as competencias en materia de Industria. Sería bo que tamén as exercera".