Antía Yáñez gaña o o premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña na categoría infantil

AMariñaXa
O xurado destacou "o seu humor, imaxinación, fantasía e tenrura, elementos cos que a autora constrúe unha historia chea de sensibilidade e creatividade"
anti-yanez-burela
21 Oct 2025

A escritora burelá Antía Yáñez resultou gañadora do Premio Raíña Lupa 2025 da Deputación da Coruña na modalidade infantil coa obra Bragakadabra.

O xurado, que decidiu deixar deserta a categoría xuvenil, valorou por unanimidade “a reflexión que propón o libro arredor da capacidade de superación e do empoderamento persoal”.

Nesta edición presentáronse 49 obras orixinais, e do texto galardoado o xurado destacou "o seu humor, imaxinación, fantasía e tenrura, elementos cos que a autora constrúe unha historia chea de sensibilidade e creatividade".

 

⚙ Configurar cookies
0.34273600578308