Ante as queixas veciñais, o PP pide a colocación de cámaras de vixilancia en Ribadeo
Ante as queixas dos veciños o PP de Ribadeo propón a colocación de cámaras de vixilancia e a coordinación dos axentes de seguridade ante o aumento de graffitis na vila .
"O aumento de graffitis nas fachadas dos edifcios en Ribadeo é unha realidade",por iso o grupo municipal popular propón “como xa se fizo noutros plenos” a colocación de cámaras de vixilancia que cumpra a normativa vixente e a coordinarción entre os axentes dos corpos de seguridade do estado e do Concello para paliar este problema.
A vicevoceira do grupo municipal de Ribadeo, Elena Sierra asegura que os veciños están fartos da presencia de graffitis nas fachadas dos edificios. Segundo Sierra, ante esta problemática acuden ao concello en busca de soluciónns e “o alcalde botaos do seu despacho sen escoitalos”.
Neste sentido, os populares explican que son moitos veciños teñen que “pintar e repintar e volver a pintar” e o goberno do BNG non aporta ningunha solución pero “Como van aportar solucións se ten nunha situación de total abandono os edificios públicos?”.
A popular recalca o mal estado en xeral dos edificios privados e os espazos públicos. “Preocúpalles máis a oposición que solucionar os problemas de Ribadeo, dalles totalmente igual o estado de abandono no que se atopa o auditorio, a casa da Ría, a ponte de San Damián, a contorna dos centros educativos, así como os distintos parques da vila” di Elena Sierra.