Animación de Nadal no rural

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
Por Pablo Veiga Independentemente de como viva cada quen esta época do ano, non cabe dúbida que son unhas datas significativas para todos nosoutros.
14 Jan 2023

Por Pablo Veiga

Independentemente de como viva cada quen esta época do ano, non cabe dúbida que son unhas datas significativas para todos nosoutros. Existen uns hábitos e costumes que en maior ou menor medida seguimos; desde as comidas e ceas típicas, de traballo e familiares, ata reencontros cos que non sen ven en tempo, sen esquecer, por suposto, a lotaría ou os agasallos, o Nadal con maiúsculuas condiciona a vida da xente e ninguén por moito que o pretenda, logra evadirse. Sen ningún xénero de dúbidas.

O significado relixioso tamén está aí, non se pode negar. O mundo Cristián conmemora o nacemento do Neno Xesús en Belén de Xudea, o berce da relixión que se iría estendendo cara Occidente e á que a pertencen máis de mil millóns de persoas no conxunto do planeta. E nosoutros, os galegos, crentes e non crentes, practicantes ou non, estamos masivamente nese grupo.

O nadal sempre se celebrou con entusiasmo nas zonas rurais do País; non hai máis que escoitar as historias dos maiores quen narran como se xuntaban e percorrían as aldeas de casa en casa para cantar os reis e recibir o anigaldo. En épocas de escaseza, existía un lugar para a esmorga, a alegría e a esperanza. Sen moitos luxos, mellor dito, case sen ningún, pero con ilusión.

Co paso do tempo, paseniño veuse asistindo a unha merma considerable da poboación. Cada vez menos nenos, cada vez máis vellos e por conseguinte, descenso do número de veciños, o que foi conducindo ao que todos sabemos e contemplamos, sen que se poda deter esta tendencia.

Pero aínda así, a realidade que semella tan negativa non derrotou a fantasía de días tan sinalados. En tódolos concellos se esmeran por iluminar e adornar alomenos as rúas das capitais municipais, dándolle o toque durante un mes, con luces de cores que alegran a vista. Cómpre engadir tamén os aportes de particulares, quen engalanan as súas casas, non só para dentro, senón tamén por fóra, facendo partícipes aos viandantes do seu inxenio. Outros non teñen reparo en colocar a árbore en lugar visible, ou poñer un nacemento para o disfrute de quen o queira ver.

Os concellos, como a administración pública máis próxima aos cidadáns, tamén poñen da súa parte. Así, a tradicional cabalgata de reis, o cinco de xaneiro, onde se fan as delicias non só dos máis pequenos, senón tamén do conxunto dos veciños e veciñas, que disfrutan da chegada das súas maxestades, ben en carros tirados por vacas rubias, ou ben en tractor. Calquera medio de transporte é válido. E como non, icluso mercadiños como o que se celebra en Begonte, que na súa segunda edición semella plenamente consolidado, e no cal comprobamos como emprendedores de diferentes puntos xeográficos acudiron a vender os seus produtos, desde alimentarios ata artesanais.

Todo elo contribúe a dinamizar as zonas rurais e a darlles un valor que sempre tiveron e que nos temos que negar a que o perdan.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17980909347534