Andrea Maceiras achégase a casa da cultura de Foz co seu libro Alma de Elefante
A gañadora do Premio Merlín 2020 e do Premio Anaya 2022, Andrea Maceiras, achégase a casa da cultura de Foz a presentar a súa obra, Alma de Elefante.
A escritora estará este sábado 30 de abril ás 12.00 horas na casa da cultura. É unha actividade aberta a maiores de 8 anos e de balde.
Alma de elefante trata sobre Suy e Lawen irmáns son xemelgos. Suy ten alma de bolboreta e Lawen de elefante. Ou iso di a viejecita Champey. A Suy parécelle imposible: el é máis forte e sempre coidou da súa xemelga. Lawen é distinta das outras nenas: cústalle expresar os seus sentimentos e ponse nerviosa coas situacións novas. El debería ser o elefante! Pero ás veces as cousas non son o que parecen. Ás veces os tesouros teñen catro patas. E só as bolboretas voan o suficientemente alto para atopalos.
Andrea Maceiras
Naceu na Coruña en 1987. É doutora en Filoloxía Hispánica e licenciada en Filoloxía Galega. Actualmente compaxina o seu labor de escritora co seu traballo como profesora de secundaria.
É autora das seguintes novelas infantís e xuvenís de Proxecto bolboreta, Violeta tamurana (Premio Meiga Moira), O segredo do lagarto arnal, Nubes de evolución (Premio Fervenzas literarias), Volverás, golfiño, Miña querida Sherezade (Premio Meiga Moira), Europa Express (Premio Jules Verne) y O que sei do silencio. En 2018 gañou o Premio Lazarillo por Cuenta nueve estrellas, e en 2022 o Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil con Alma de elefante.