Andrea López Chao foi homenaxeada cunha ofrenda floral celebrada no Cemiterio Vello de Mondoñedo
A mestra mindoniense Andrea López Chao foi homenaxeada nun acto organizado pola Asociación Abrindo Camiño e no que participou a deputada de Cultura Iria Castro, a académica Pilar Cagiao Vila e o xornalista Xosé María García Palmeiro, quen se encargaron da ofrenda floral celebrada no Cemiterio Vello de Mondoñedo, fronte á placa homenaxe instalada no pasado verán.
Andrea López Chao emigrou a Cuba onde desenvolveu, a comezos do século pasado, unha labor pioneira na defensa do dereito á saúde e á educación das mulleres.
Previamente, Iria Castro participou nunha palestra na que se presentou o libro de actas das Extra XVI Xornadas do Peregrino 'Abrindo Camiño'. Homenaxe a Andrea López Chao, que tiveron lugar o pasado verán en Mondoñedo e Vilalba, editado polo Vicepresidencia da Deputación, e de proxectou o teaser do documental “Andrea López Chao. O poder de educar”, da man da súa directora, Violeta Ramos Valdés, xornalista e cineasta galego-cubana.
Na súa intervención, Iria Castro renarcou que “é de xustiza asegurarnos de que a memoria de Andrea López Chao e da emigración galega a Cuba se manteña” e animou a continuar a investigación sobre a súa figura como pioneira na defensa do dereito das mulleres á sanidade e á educación a comezos do século pasado, abrindo camiños para todas as que chegamos despois.