André Outeiro, novo responsable local do BNG de Mondoñedo

AMariñaXa
Os nacionalistas confían en reforzar a súa acción política e construír unha alternativa sólida para 2027
André-Outeiro-García-responsable-local-BNG-Mondoñedo
8 Feb 2025

A Asemblea Local do BNG de Mondoñedo elixiu por unanimidade a André Outeiro García como responsable local, substituíndo no cargo a Eloi Cabanas que continuará exercendo a labor de voceiro do grupo municipal no Concello, completando así o proceso organizativo de renovación dos órganos da fronte que están enmarcados nos traballos posteriores á Asemblea Nacional do BNG do pasado mes de decembro.

Con este nomeamento o BNG de Mondoñedo quere ampliar a súa capacidade de xestión, mellorando así o traballo da asemblea e gañar en equipo a nivel político. Os nacionalistas mostran total confianza no novo responsábel local que leva anos vinculado á formación primeiro como simpatizante e agora como militante e confían no seu compromiso e na súa capacidade de traballo para seguir avanzando na acción política de base e converter o BNG na verdadeira alternativa de cara ao 2027.

André, de 46 anos e veciño do Barrio dos Muíños, traballa como responsable se sistemas nunha empresa tecnolóxica, agradece a confianza que depositan nel os compañeiros e compañeiras da organización e márcase como obxectivo nesta nova etapa ensanchar a base social do nacionalismo no concello para construír unha alternativa política solvente en Mondoñedo. “Iniciamos agora unha nova etapa cunha organización local máis forte para traballar man a man cos nosos veciños e veciñas e xerar dinámicas construtivas que logo poderemos trasladar ao concello da man dos nosos concelleiros do grupo municipal Eloi e Pepa.”

0.15471601486206