Ana Miranda, deputada no Parlamento Europeo, e Fernando Suarez, alcalde de Ribadeo, arroupan a presentación da candidatura do BNG en Barreiros

TerraChaXa | AMariñaXa
30 Abr 2019

Este martes 30, ás 21 horas, o centro sociocultural de San Cosme acollerá a presentación pública da candidatura coa que o BNG concorrerá ás vindeiras eleccións municipais do 26 de maio.
No acto, no que tomarán a palabra varias das persoas que conforman a candidatura, participarán a eurodeputada do BNG, Ana Miranda; que encabeza a lista da formación frontista ás eleccións europeas que coinciden en data coas municipais; e Fernando Suárez, alcalde nacionalista de Ribadeo, “xa que o goberno de Ribadeo é un espello no que mirarse para xestionar a institución municipal coa cabeza posta nas veciñas e veciños”, afirman desde o BNG.
A candidatura da formación nacionalista en Barreiros está composta por 11 titulares e 10 suplentes, o máximo legal permitido; o que, en palabras, da candidata á alcaldía, Ana Ermida, “amosa que detrás do BNG hai moita xente que quere un cambio en Barreiros. Que aposta polo proxecto do BNG e que apoia o traballo levado a cabo nos últimos anos no municipio.”
Desde o Bloque convidan ás veciñas e veciños a acudir ao acto público “para escoitar e para ser escoitadas e escoitados. Porque o proxecto do BNG está feito desde a xente e para a xente”, conclúen

0.19216990470886