Amplíase o servizo de Madrugadores para os alumnos do Ceip do Vicedo
O Ceip do Concello do Vicedo comeza o curso ampliando a súa oferta de servizos. O alumnado poderá gozar do servizo de Madrugadores a partir das 8.30 da mañá, con opción tamén a almorzo.
Mentres que o ano pasado o horario do programa era de 9.00 a 10.00 horas, agora os nenos e nenas poden achegarse desde as 8.30 e almorzar no propio centro. Este cambio no colexio, que conta con 51 matriculados e matriculadas en educación infantil e primaria, engádese a outras modificacións que acaban de impulsar.
Nese sentido, apostaron polo cambio do timbre tradicional por cancións que se escollen en función da xornada ou porque cando un dos nenos e nenas está de aniversario optan por poñer unha canción, aínda que o alumnado non sabe quen é o que está de celebración ata que entran na aula.