Amplíase o prazo para pedir subvencións para a Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro

TerraChaXa | AMariñaXa
No Boletín Oficial da Provincia do  día 20 de marzo de 2019 publicouse o anuncio polo que se establece un novo prazo dun mes para a presentación de solicitudes de subvención para a rexeneración e renovación urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (Fase XVI).
20 Mar 2019

Este prazo comezará a contar dende a publicación do anuncio do presente acordo no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. A presentación de solicitudes realizarase con arranxo á convocatoria publicada no BOP do 26 de decembro de 2018 .

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de abril de 2019.

Para máis información pódese acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro ou chamar ó telefono 982562968.

0.17165207862854