Amplían as beirarrúas de Cangas de Foz en ambas marxes da estrada LU-162
AMariñaXa
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar obras de ampliación de beirarrúas na estrada LU-162 en Cangas de Foz
8 Feb 2023
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar obras de ampliación de beirarrúas na estrada LU-162 en Cangas de Foz, en 125 metros entre os puntos quilométricos 11,125 e 11,250.
Con estes traballos, que contan cun orzamento de 48.400 euros, consisten complétanse 910 metros lineais de beirarrúa en cada marxe. Deste xeito, os veciños dispoñen dun itinerario peonil seguro na travesía, desde o inicio da vía na intersección coa estrada N-642.
Dende o Goberno galego lembran que esta partida eleva a máis de medio millón de euros (504.300 euros) o investimento realizado na construción de case un quilómetro de beirarrúas neste núcleo de poboación focego, ao longo da citada estrada autonómica.