Ampliado o prazo para solicitar subvencións de reformas no casco histórico de Viveiro
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa de que o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte un anuncio polo que se establece un novo prazo dun mes para a presentación de solicitudes de subvención para a rexeneración e renovación urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (Fase XVII).
22 Jul 2020

A presentación de solicitudes realizarase con arranxo á convocatoria publicada no BOP do 17 de xaneiro de 2020. O novo prazo remata o día 21 de agosto de 2020.
Para máis información, os interesados e interesadas poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro ou chamar ó telefono 982 562 968.