Ampliado o prazo na Pontenova para participar no programa Xuntos pola compostaxe

AMariñaXa
O Concello da Pontenova ampliou o prazo para participar no programa Xuntos pola compostaxe, organizado xunto aos concellos da contorna.
xuntos pola compostaxe portada
5 Mar 2021

O Concello da Pontenova ampliou o prazo para participar no programa Xuntos pola compostaxe, organizado xunto aos concellos de A Pastoriza, Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto, co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

O obxectivo do programa é reducir a fracción orgánica dos residuos.

O proxecto está pensado para a participación de preto de 1.000 veciños, repartidos entre os 6 concellos, que recibirán de forma gratuíta os correspondentes medios materiais para a elaboración de compost, ao mesmo tempo que recibirán formación na materia e asesoramento continuado durante o proceso.

Os interesados en formar parte do mesmo volven ter unha segunda oportunidade para anotarse  antes do 30 de marzo ou ata cubrir o límite de prazas. Só será necesario chamar ao Concello facilitando os datos persoais e dispor dunha horta ou xardín de polo menos 50 metros cadrados.

Para participar pídese como único requisito dispor dun espazo de horta ou xardín de 50 metros cadrados e comprometerse a facer un uso responsable do composteiro.

xuntos pola compostaxe
0.19444704055786