Ambosores, en Ourol, organiza as súas festas o 9 e o 19 de decembro
AMariñaXa
Ambosores prepara as súas festas na honra a Santa Lucía.
31 Out 2023
Ambosores prepara as súas festas na honra a Santa Lucía. A celebración, organizada pola comisión de festas coa colaboración do Concello de Muras e do Concello de Ourol, terá lugar os días 9 e 10 de decembro.
A festa comeza o sábado 9 ás 13.00 horas coa misa solemne, procesión e sesión vermú co dúo Caramelo. A partir das 15.00 horas será o xantar popular con callos, xamón cocido, postre, café e chupito. As reservas, que teñen un prezo de 25 euros, pódense realizar ata o 6 de decembro a través dos números 634 931 360, 669 566 674 e 669 302 211.
Pola tarde noite haberá un baile da man do dúo Caramelo e do dúo Venus. A celebración continúa o domingo 10 ás 13.00 horas con misa solemne e procesión. A sesión vermú estará a cargo do dúo Caramelo.