Amadores de Música presentou as súas novas pezas nun concerto moi especia na Igrexa de Santa María do Campo

AMariñaXa
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofreceu un concerto con motivo da Semana Santa donde interpretou por primeira vez temas como ‘The promised land’, ‘La última noche’, ‘Pacis valley’ e ‘Mariúpol’
amadores-da-musica-concerto-semana-santa
18 Apr 2025

A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, estreou catro pezas no concerto de Semana Santa que ofreceu este pasado mércores, na igrexa parroquial de Santa María do Campo, con moita afluencia de público.

As pezas que interpretou a Banda ribadense por primeira vez nesta actuación son: ‘The promised land’, de Carlos de la Fuente Lucas-Torres; ‘La última noche’, de Víctor M. Ferrer; ‘Pacis valley’, de Ben Haemhouts; e ‘Mariúpol’, de Rubén Jordán. Tamén tocaron ‘Hallelujah’, de Leonard Cohen con arranxos de Michael Brown; ‘La madrugá’, de Abel Moreno; e ‘Mater Mea’, de Ricardo Dorado, esta última de bis.

David Ballester, que se incorporou á dirección da Banda ribadense para este concerto despois duns meses de baixa, comentou que “daba gusto ver a igrexa chea de xente” e agradeceu aos músicos e a Rubén Solloso, que o substituíu durante a súa ausencia, “o esforzo realizado para sacar a Banda adiante”. E tamén deu as grazas ao párroco e á Confraría da Semana Santa de Ribadeo por “poñer sempre facilidades para facer na igrexa este concerto”.

⚙ Configurar cookies
0.16513705253601