Amado Lar organiza no Valadouro A Mostra Cativa

A asociación cultural Amado Lar O Valadouro organiza A Mostra Cativa do Valadouro este domingo 16 de xuño ás 18.30 horas na Praza de Santa María. O colectivo estará acompañado da asociación cultural Ledicia e da agrupación O Feitizo.
Na cita, que conta coa colaboración da concellería de cultura do Concello do Valadouro, poderase gozar das actuación dos máis pequenos.