Amado Lar organiza a XXXIV Mostra Folclórica do Valadouro

AMariñaXa
Estarán acompañados no escenario coa agrupación Cantigas e Agarimos de Santiago
pandeireta
Foto recurso
9 Ago 2024

Programan un ano máis unha das citas máis consolidadas no Valadouro. Deste xeito, XXXIV Mostra Folclórica do Valadouro celebrarase no mes de setembro. O domingo día 1 a tradición e a música van a volver a converxer no municipio da man da asociación cultural Amado Lar, que son o colectivo organizador da mostra.

A cita comezará ás19.00 horas na Praza de Santa María. A asociación non estará soa, senón que estarán acompañados no escenario coa agrupación Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela. A celebración conta un ano máis coa colaboración do Concello do Valadouro.

mostra_folclorica_o_valadouro
0.16250586509705