Amado Lar O Valadouro prepara unha comida-baile para o 1 de outubro

AMariñaXa
A Asociación Cultural Amado Lar O Valadouro comeza a nova temporada 2022-2023 coas clases de baile e música tradicional para a veciñanza.
amado lar o valadouro clases
19 sep 2023

A Asociación Cultural Amado Lar O Valadouro prepara unha comida-baile para o vindeiro 1 de outubro no bar Asturias do Valadouro.

Esta cita será ás 14.00 horas e haberá un menú de callos, costela asada, bebida, sobremesa, café e chupito, todo este menú ten un prezo de 17 euros por persoa para socios, e 23 para os que non o sexan. Ademais estará amenizada por Eventec.

A data limite para anotarse é o 27 de setembro e haberá que chamar aos teléfonos 609 371 551, 680 766 568, 646 825 113 ou 649 593 139.

comida baile amado lar valadouro
0.08906102180481