Amado Lar do Valadouro ofrece clases de baile, canto, pandeireta, gaita e percusión para este novo curso
A Asociación Cultural Amado Lar do Valadouro presenta os obradoiros e clases para o vindeiro curso, que comezan o 30 de setembro. Este ano ofrecen baile, canto e pandeireta e gaita e percusión. Os talleres de baile, canto e pandeireta terán lugar os luns con clases de iniciación ao baile a partir de 4 anos, que serán de 19.15 a 20.00 horas con Candela Riveira; de pequenos, de 17.00 a 18.49; medianos en horario de 18.30 a 19.15 e de 20.15 a 21.00 para pandeireta e canto e de 19.15 a 20.15 para baile.
A quenda dos os adultos será de 21.00 a 22.00 para os que se anoten en pandeireta e canto e de 22.00 a 23.00 horas para os que se decanten por baile. Por outra banda, tamén programan clases de gaita e percusión, que comezan o 5 de outubro e serán os sábados de 18.30 a 21.30 horas. os grupos e a distribución das clases están pendentes de organizar polo mestre, que será Javier Bossa, segundo os niveis e as posibles novas incorporacións.
Os interesados en anotarse poden poñerse en contacto coa asociación a través do 609 371 551 (Ángeles), do 649 593 139 (Rosa), do 653 175 778 (José María), do 680 766 568 (Cristina) e do 646 825 113. Para novas incorporacións, é imprescindible poñerse en contacto antes con calquera dos membros da directiva.