Amado Lar celebra a XXXIV Mostra Folclórica do Valadouro

AMariñaXa
Á parte do grupo anfitrión, este ano estará acompañándoos a Asociación Cultural Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela
amado-lar-o-valadouro-clases
31 Aug 2024

A Asociación Cultural Amado Lar prepara a XXXIV Mostra Folclórica do Valadouro. O colectivo organiza, coa colaboración do Concello do Valadouro, unha nova convocatoria da cita que, como xa vén sendo habitual, ten lugar a fin de semana antes das Festas do Oito.

A cita será este domingo día 1 de setembro ás 19.00 horas na praza de Santa María do Valadouro. Á parte do grupo anfitrión, este ano estará acompañándoos a Asociación Cultural Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, actuación encadrada dentro do programa Danza3 da Xunta de Galicia.

Durante o acto, efectuarán o sorteo dunha mariscada para dúas persoas e unha cesta con diversos produtos. As rifas para participar nel poderanse adquirir durante a actuación. Se as condicións meteorolóxicas fosen adversas ese día, o evento trasladarase o pavillón municipal. A asociación cultural convida á asistencia e a desfrutar dunha tarde - noite de música e baile tradicionais.

mostra_folclorica_o_valadouro
⚙ Configurar cookies
0.090910911560059