Alumnos portugueses do programa ERASMUS + visitaron Trabada
A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García, recibiu aos seis alumnos e alumnas do programa ERASMUS +, e agasallounos co detalle institucional do Concello.
Nesta xornada o alumnado procedente do centro educativo Real Academia de Portugal de Lisboa, acompañado polos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Celso Currás , puido coñecer a nosa vila e o centro etnográfico Xosé Rocha.
Mayra García destacou que “este tipo de acollida de alumnado procedente doutros países amosa fora das nosas fronteiras como é a educación nos núcleos rurais e a importancia dos servizos públicos e de conciliación familiar”.
Para rematar engadiu "quero felicitar tanto a directora do Centro coma ao profesorado pola súa labor e pola iniciativa de acollerse a este tipo de programas que axudan a dar a coñecer os centros educativos do entorno rural".