Alumnos do IES Enrique Muruais homenaxean á troita da Pontenova

AMariñaXa
A 43ª Festa da Troita do Concello da Pontenova, declarada de Interese Turístico Galego, foi todo un éxito de participación.
troita pontenova escultura 2024
20 Feb 2024

Alumnos do IES Enrique Muruais da Pontenova están a crear unha escultura en forma de troita para homenaxear á popular festividade da localidade.

O presidente do Centro de Iniciativas Turísticas, Francisco Rois, sinalou que "será de 8 metros, 35 centímetros máis que a que hai en Míchigan, Estados Unidos, que ten 7,65 metros".

Tamén solicitaron aos artistas encargados da peza que se asemelle o máis posible a unha troita do río Eo, "polo que o ferro estará pintado, branca na barriga, algo amarela e con pintas vermellas polo corpo", di Rois, " e a cola estará un pouco ladeada para simular que está saltando".

A obra será inaugurada o vindeiro 30 de abril coincidindo coa celebración do pregón da 44ª Festa da Troita do Concello da Pontenova, declarada de Interese Turístico Galego e de Interese Turístico Deportivo Nacional, e estará colocada no paseo á beira do río Eo, á altura do Pozo da Ola.

0.13288712501526