Alumnado de Ribadeo Dionisio Gamallo participa estes días nos obradoiros de elaboración de queixos

AMariñaXa
Alumnado do Gregorio Sanz e Sagrado Corazón e do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo participan nos obradoiros de elaboración de queixos
OBRADOIROS QUEIXOS ribadeo
26 Abr 2023

Alumnado dos colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón e do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo participan estes días nos obradoiros de elaboración de queixos, que organiza o Concello e que teñen lugar no Centro Pedro Murias.

O rexedor comentou: “cunha enorme ilusión compartida: por unha banda polos pícaros e pícaras dos colexios; e pola outra polo Concello de Ribadeo, por programar novamente estes obradoiros de queixo para esta xente moza, que moitos deles estamos seguros de que é a primeira vez que se achegan a procesos deste tipo, vinculados co valor que lle temos que dar ao sector primario e non esquecelo desde as idades máis cedas da vida. Por iso planificamos e pedimos autorización para poder utilizar as instalacións de Pedro Murias, que son magníficas pero que están moitas veces ociosas; de aí que precisamente desde o Concello hai anos que lle vimos requirindo á Xunta de Galicia que actualice este padroado que temos caducado desde hai varios anos, entre o Concello e a Xunta de Galicia, para poñer en valor e darlle moito máis uso a estas marabillosas instalacións de Pedro Murias”.

Suárez Barcia contou que “agora nestes días de abril e tamén en maio continuaremos con estes obradoiros para os pícaros e pícaras do Gregorio Sanz, do Sagrado Corazón e do IES Dionisio Gamallo”. A actividade enmárcase no ciclo O Concello cos Coles.

0.19780302047729