'Aliento de cárcel', do alfocego Lionel Rexes, foi premiada nun certame internacional de Melilla
O relato 'Aliento de cárcel', do alfocego Lionel Rexes Martínez, foi premiada na XXIII Certamen Internacional de Relato Corto Encarna León de Melilla.
'Aliento de cárcel' é un relato que nace e remata en Correlos, mais que viaxa tamén até aquela Vilanova de Lourenzá de 1948, onde o guerrilleiro máis famoso dos Tres Vales cae abatido nunha noite cegada á mantenta.
"É unha historia de mulleres que recollín de mulleres, e que tratei de plasmar con toda a sensibilidade da que pode ser capaz un home", dixo o autor.
A obra do alfocego foi seleccionada entre os doce finalistas, e ademais foi a única obra galega presentada.
Rexes é un escritor premiado recentemente no 2023 na oitava edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta coa súa novela 'Nove lúas', e tamén noutros certames coas novela 'A raíña das velutinas' e 'A montaña do poeta'.