Alfoz xa conta cun contedor para a recollida de textiles

AMariñaXa
O Concello de Alfoz xa conta con recollida selectiva para os textiles, este é un contedor que está situado no exterior do centro de saúde
textil roupa
2 Abr 2023

O Concello de Alfoz xa conta con recollida selectiva para os textiles, este é un contedor que está situado no exterior do centro de saúde. Proximamente haberá dous.

Segundo os técnicos, calcúlase que cada persoa tira 7Kg de roupa cada ano, por iso dende o Concello informaron dunhas sinxelas normas para que non se convirta nun residuo.

O primeiro é pensar antes de comprar pois a máis calidade máis durará a peza de roupa. Segundo, mirar a etiqueta pois o poliéster multiplica por tres as emisións de CO2 fronte ao algodón e costa máis valorizar como residuo. A técnica das R, reutilizar e reciclar xa que pódeselle dar unha nova vida con pequenos trucos de costura, bordado, etc. Ademais pódese doar a ropua a ONG, Cáritas, roupeiros, etc. e tamén mirar as páxinas webs ontes de vende roupa de segunda man.

contedores ropa usada Alfoz
0.18209791183472