Alfoz viaxa á Idade Media coa celebración do XXV Mercado Medieval

AMariñaXa
O castelo de Castro de Ouro acollerá os días 18 e 19 de xullo un evento cheo de espectáculos, ambientación e tradición para toda a familia
Mercado-Medieval-Alfoz
20 Jun 2025

A vila de Alfoz prepara xa todos os detalles para celebrar a vixésimo quinta edición do seu emblemático Mercado Medieval, unha cita consolidada no calendario cultural da Mariña que terá lugar na noite do venres 18 e durante todo o sábado 19 de xullo de 2025. O evento, organizado polo Concello de Alfoz e pola Asociación Cultural O Castelo, converterá unha vez máis o castelo de Castro de Ouro no epicentro dun festexo que mestura historia, tradición e entretemento.

Ao longo destas dúas xornadas, os visitantes poderán gozar dunha coidada ambientación que transformará o recinto histórico nun auténtico mercado medieval, con postos de artesanía, gastronomía, música e animación para todos os públicos. Malabaristas, bufóns, contacontos, xogos tradicionais e representacións teatrais daranse cita nun espazo único que permitirá viaxar varios séculos atrás.

O Mercado Medieval de Alfoz non só é unha ocasión para gozar dunha fin de semana diferente, senón tamén unha oportunidade para poñer en valor o patrimonio, a historia e a vitalidade cultural do municipio. A entrada é libre e gratuíta, e tanto veciños como visitantes están convidados a participar activamente, moitos deles vestidos de época para mergullarse de cheo na atmosfera da Idade Media.

⚙ Configurar cookies
0.1634509563446