Alfoz ultima unha nova edición do seu Mercado Medieval

AMariñaXa
O Castro regresará á Idade Media para revivir unha edición máis a historia e a lenda do Mariscal Pedro Pardo de Cela
inauguracion-mercado-medieval-alfoz-2022-1
Mercado Medieval de Alfoz
15 Xul 2024

Xa falta menos para que Alfoz volva gozar do seu mercado medieval. O Castro regresará á Idade Media para revivir unha edición máis a historia e a lenda do Mariscal Pedro Pardo de Cela. Danzas, música, bo comer e bo beber, torneo de cabalos, teatro de títeres, xogos malabares, artesanía e moitas máis cousas serán os protagonistas da noite do venres 19 e o sábado 20 de xullo.

Dende a organización ultiman a vixésimo cuarta convocatoria do evento para que tanto veciños como asistentes poidan desfrutar dunha cita única nun entorno incomparable. As danzas medievais, os espectáculos con lume, visitas guiadas formaron parte da última edición, na que tamén houbo cetrería, postos para xantar, xogos e música.

0.12373900413513