Alfoz ten programado para este ano un ciclo de cine
Alfoz pon en marcha este mes de febreiro, e durante todo o ano, un Ciclo de Cine onde se proxectarán dúas películas cada mes, unha infantil e outra para público adulto (ou para todos os públicos), que abarcarán diferentes xéneros.
Así no mes de febreiro serán películas románticas, dando comezo o venres 14 coa película Un paseo por las nubes e o sábado 22 coa película “Shrek”. Os pases serán no Salón de Actos ás 19.00 horas e a entrada é gratuíta.
De este xeito trátase de ampliar a oferta cultural do concello, aproveitando a capacidade comunicadora do cine para conectar con tódolos públicos e trasladar diferentes problemáticas, promovendo unha reflexión e o pensamento crítico ao tempo que se dinamiza a vida cultural do Concello de Alfoz.
Á iniciativa, que parte da Concellería de Cultura, súmase tamén a Concellería de Igualdade, facendo especial fincapé en elixir títulos que sensibilicen á poboación a prol da igualdade real e en contra da violencia, convertendo o cine nunha ferramenta fundamental para facer reflexionar, sobre estas e outras cuestión sociais, grazas a capacidade de representación de grupos diversos e motor de cambio social.