Alfoz ten programadas tres actuacións musicais para este mes de setembro

AMariñaXa
A Área de Cultura do Concello de Alfoz ten programadas tres actuacións musicais para o mes de setembro e todas elas na casa da cultura.
1 Mes da musica alfoz setembro 2022
1 Mes da musica alfoz setembro 2022
1 sep 2022

A Área de Cultura do Concello de Alfoz ten programadas tres actuacións musicais para o mes de setembro e todas elas no salón de actos da casa da cultura.

Estas citas musicais serán ás 20.30 horas e darán comezo o sábado 3 con Mar Aberto. Seguirá o sábado 17 con Sons de Celeiro e o venres 23 será a quenda de Toxo Guayaba.

Dende o Concello animan á veciñanza a asistir a estes concertos e "non perder a oportunidade de desfrutar da mellor música da Mariña".

Mes da musica alfoz setembro 2022
0.08243989944458