Alfoz quenta motores para Os Choferes 2025

AMariñaXa
As festas en honra a San Cristovo celebraranse os días 1, 2 e 3 de agosto cun cartel ilustrado por Xosé Blanco
Festa-choferes-alfoz-2025
Cartel da festa
12 Jun 2025

Alfoz volverá converterse nun dos centros festivos da Mariña coa celebración da tradicional festa de Os Choferes, que este ano terá lugar os días 1, 2 e 3 de agosto. A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo vén de anunciar as datas e compartiu nas súas redes sociais o cartel oficial da edición 2025, unha creación orixinal do ilustrador Xosé Blanco, recoñecido pola súa estética expresiva e chea de carácter.

A festa, que rende homenaxe a San Cristovo, patrón dos condutores, é unha das citas máis emblemáticas da comarca e destaca polo seu ambiente animado, a súa programación musical e o espírito de convivencia que reúne tanto á veciñanza como a visitantes de toda Galicia.

Desde a organización adiantan que en breve irán desvelando máis detalles da programación a través das redes sociais da asociación. Convidan tamén a estar atentos aos próximos anuncios, nos que se incluirán as actuacións musicais, actividades e eventos que darán forma a esta nova edición das festas.

A tradición de Os Choferes mantense viva grazas á implicación da veciñanza e á entrega da mocidade do colectivo O Castelo, que un ano máis asume a responsabilidade de organizar unha celebración que mestura relixiosidade, música e festa popular a partes iguais.

⚙ Configurar cookies
0.16218280792236