Alfoz promove a saúde bucodental cun obradoiro gratuíto

AMariñaXa
Unha sesión formativa ensinará claves para unha hixiene oral adecuada
Imaxe recurso de médicos
29 Mar 2025

O vindeiro martes 29 de abril, o Centro Sociocultural de Alfoz acollerá un obradoiro gratuíto sobre saúde bucodental, impartido por Berta García Torres, especialista en Hixiene Bucodental da Área Sanitaria de Lugo. A sesión comezará ás 16:30 horas e está dirixida a toda a poboación interesada en mellorar os seus hábitos de hixiene oral e previr afeccións comúns como as caries ou as enfermidades das enxivas.

As persoas que desexen participar poden inscribirse ata o 25 de abril no Concello de Alfoz. Trátase dunha oportunidade para recibir consellos profesionais e resolver dúbidas sobre o coidado da boca.

⚙ Configurar cookies
0.53213095664978