Alfoz prepárase para unha tarde de diversión na Semana Santa

A Semana Santa en Alfoz terá unha xornada especial dedicada á mocidade o mércores 16 de abril. O pavillón municipal converterase nun gran espazo de lecer, con múltiples actividades pensadas para menores de 18 anos. Desde as 16:30 ata as 20:30 horas, os participantes poderán gozar dunha tarde chea de xogos, retos e moita diversión.
O evento, organizado pola área de Cultura do Concello de Alfoz, incluirá unha ampla variedade de propostas: inchables para os máis activos, un circuíto de coches teledirixidos, xogos xigantes supervisados por monitores e unha Battle Arena, onde os asistentes poderán enfrontarse en divertidas batallas sobre colchonetas con bolas de espuma. Todo isto amenizado con música para garantir un ambiente festivo e animado.
Desde o Concello invitan á mocidade de Alfoz e arredores a sumarse a esta iniciativa, que busca ofrecer unha alternativa de lecer saudable e participativa durante as vacacións. “Queremos que os rapaces teñan un espazo onde xogar, socializar e divertirse de forma segura”, sinalan desde a organización.