Alfoz organiza unha nova edición do seu Mercado Medieval

Xa falta menos para que Foz volva gozar do seu mercado medieval. En menos de dous meses O Castro regresará á Idade Media para revivir unha edición máis a historia e a lenda do Mariscal Pedro Pardo de Cela.
Dende a organización xa están a traballar na vixésimo cuarta convocatoria do evento para que tanto veciños como asistentes poidan desfrutar o 19 e o 20 de xullo dunha cita única nun entorno incomparable. As danzas medievais, os espectáculos con lume, visitas guiadas formaron parte da última edición, na que tamén houbo cetrería, postos para xantar, xogos e música.