Alfoz prepara un variado abano de actividades de Nadal
O Concello de Alfoz prepara un variado abano de actividades de Nadal, que comezará o sábado 14 de decembro o salón de actos do centro sociocultural acollerá a obra de teatro O gardián da árbore dos desexos do grupo A Mariña, de Cervo.
Xa o día 20 de decembro de 16.00 a 17.00 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz terá lugar a charla participativa Compra segura no Nadal, dirixida a maiores de 18 anos que pretende afondar nas vendas a distancia e nos dereitos das persoas consumidoras. É unha actividade gratuíta, aberta ao público en xeral na que non é preciso inscribirse previamente.
Tamén o día 20 ás 18.00 horas no Castelo de Castrodouro será a presentación do libro Inventario do Patrimonio Cultural e Histórico-Artístico co Valadouro de Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón. Está editado coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Alfoz e trata dun amplo compendio do patrimonio de todo o Val do Ouro organizado por parroquias tanto de Alfoz coma do Valadouro.
Ademais, para os días 22 e 23 de decembro, están programadas diversas propostas para os máis pequenos do municipio. No Castelo de Castrodouro, onde colocarase coma é tradicional a estrela de luz que guiará aos reis cara a Alfoz, de 17.00 a 19.00 horas organizaranse obradoiros de Nadal, xogos cooperativos, enfocados sobre ao fomento da igualdade.
O 23 de decembro ás 19.30 horas no Castelo de Castrodouro farase entrega aos gañadores do Concurso de postais de Nadal. A postal gañadora de cada unha das 3 categorías será editada como calendarios e felicitación de Nadal do Concello de Alfoz, ademais de recibir un premio o seu autor ou autora. O fallo do xurado e, polo tanto, os gañadores deste ano daranse a coñecer o luns 23.
Por outra banda, continúa coas actividades para os veciños, así, a Área de Deportes do Concello dirixida por César Marrube, anuncia o inicio de novas
actividades de sala a partir do vindeiro mes de xaneiro que se suman a ioga e ximnasia de mantemento que xa se están a levar a cabo. Baile de Salón será todos os luns e mércores de 20.00 a 21.30 na Escola de Bacoi e Aerobic, os martes e xoves de 19.30 a 20.30 no pavillón municipal.