Alfoz prepara outro ano máis Ludiverán

AMariñaXa
O Concello de Alfoz prepara como todos os anos Ludiverán-Xogando en Igualdade, un programa dirixido a nenos.
ludiveran
2 Xuño 2021

O Concello de Alfoz prepara como todos os anos Ludiverán-Xogando en Igualdade, un programa dirixido a nenos nados entre 2017 e 2009 para desfrutar nas mañás dos meses de xullo e agosto. As actividades serán do 5 de xullo ao 27 de agosto divididas en 4 quendas e en horario de 10 a 13 horas.

Este programa conta con diferentes propostas: xogos, deporte, obradoiros creativos, de ciencia, de lectura, etc. A presentación farase o venres 11 de xuño no salón de actos da Casa da Cultura para informar sobre o funcionamento, horarios, contidos, etc.

O período de inscrición abrirase a partir do luns 14 de xuño.

ludiveran alfoz 2021
0.090861082077026