Alfoz ofrece composteiros domésticos á veciñanza

AMariñaXa
O Concello de Alfoz ofrece composteiros domésticos á veciñanza que queiran contar con un no seu xardín ou horta
compost alfoz campana 2022 1
24 Abr 2022

O Concello de Alfoz ofrece composteiros domésticos á veciñanza que queiran contar con un no seu xardín ou horta. Os interesados en facer o seu propio compost deben chamar a Casa do Concello ou ao teléfono 982 558 001 (ext. 2) para ter o seu propio composteiro e a formación necesaria.

Gran parte do lixo que se xera nas casa é materia orgánica, que pode ser aproveitada, como emenda orgánica en hortas e xardíns. Realizar compostaxe doméstica ten moitos beneficios para todos como reducir a cantidade de materia orgánica que vai ao contedor verde, reducir tamén o uso de fertilizantes inorgánicos, aos que substitúe, aforrar auga de rega debida á capacidade de retención da auga do compost, achega r os nutrintes necesarios para o desenvolvemento das plantas de forma natural ou reducir os custos de transporte dos residuos cos consecuentes beneficios para os cidadáns.

0.17272615432739