Alfoz presenta un plan para alugar vivendas baleiras
O mércores 2 de outubro na Escola do Pereiro ás 20.00 horas comenzarán unha serie de reunións coa veciñanza de Alfoz para informar sobre diferentes accións para loitar contra o despoboamento do rural. Durante todo o mes de outubro organizaranse o mesmo tipo de xuntanzas en todas as parroquias.
Entre elas o Plan Vivendas Baleiras, dentro do cal se atopa o concello de Alfoz, consiste en crear unha bolsa de vivendas públicas e privadas para ofrecer en arrendamento, a través dun convenio do IGVS e a Fegamp. Pensado para facilitar o acceso á vivenda en condicións favorables a colectivos con rendas máis reducidas.
Entre as vantaxes para os arrendatarios está contar cun seguro multirriscos para o fogar e un seguro de garantía da reclamación do cobro da renda, asumido directamente polo IGVS e a Fegamp durante o tempo de vixencia do contrato. Así como poder optar a determinadas axudas para mellora da vivienda.
O Concello de Alfoz vai a rehabilitar diferentes escolas municipais para incluilas tamén na bolsa de vivendas baleiras. A primeira será a Escola da Pinguela (Lagoa) onde se recuperará a planta superior para habilitala como vivenda, quedando a planta inferior como ata o de agora como local social. As escolas de Reirado, As Oiras, O Pereiro, etc. serán acondicionadas igualmente, mantendo os espazos de local social para as actividades das respectivas asociacións veciñais e usando outras zonas independentes como vivenda.
Os interesados en poñer as súa vivendas en réxime de aluguer terán que anotarse no Concello no rexistro correspondente.
As persoas interesadas en alugar unha vivenda tamén se inscribirán no Concello e en función dunha serie de criterios (xóvenes, familias numerosas, familias monoparentais, con maiores de 65 anos, dependentes, etc.) terán maior preferencia de acceso á estas vivendas que contan cunha renda reducida de como máximo 250 euros/mes.
Outra liña de acción é a creación dun Taboleiro de Anuncios na web municipal onde se poderá poñer información das vivendas que os seus propietarios desexen vender, poñendo a foto da vivenda, a súa localización e o teléfono de contacto. O Concello só pon un espazo dentro da web a disposición dos veciños e veciñas para poñer o seu anuncio de venda, non intervindo de ningunha maneira nas mesmas.