Alfoz invita a ir ao teatro e a un espectáculo en prol da muller
O Concello de Alfoz ten programada unha serie de funcións escénicas afeccionado, no salón de actos da casa da cultura, ás 19 horas, ao longo de outubro e novembro grazas ao Teatro de Outono da programación provincial Buxiganga. Pero antes, o 25 de outubro, polo Día da Biblioteca, no salón de actos do mesmo lugar, poderase desfrutar do espectáculo de contos e cancións para nenos de cinco a 12 anos onde se lles dá protagonismo ás mulleres que ofrecerá Charo Pita, baixo o título Sen Barreiras.
O 26 de outubro actuará o grupo infantil Adala, de Foz, coa obra Que cousas pasan no Camiño, cunha temática amorosa e coa presencia e participación da asociación de nais e pais, Anpa, do colexio de Castro do Ouro.
O grupo focense Adala subirá ao escenario o 9 de novembro cunha obra titulada Comeza a función, na que se recadan fondos para reparar a pila da igrexa.
O 16 de novembro, a agrupación Torques de Burela representará un enredo de familia, con asasinato incluído aínda que en clave de humor, coa obra Cea de familia.
E xa o 23 de novembro, Ti e máis eu, teatro de Lugo subirá ás táboas para representar A meiga no palleiro do galo castiñeiro, sobre todo dirixida á Anpa do colexio Castro do Ouro.