Alfoz inicia un verán volcado nas obras de mellora

AMariñaXa
O alcalde de Alfoz, Jorge Val, indicou que o Concello está sumerxido nun amplo abano de obras para esta tempada de verán outono.
Escola da Pinguela Lagoa Alfoz1 2
2 Aug 2021

O alcalde de Alfoz, Jorge Val, indicou que o Concello está sumerxido nun amplo abano de obras para esta tempada de verán outono. Así, comezarán coa escola do Pereiro a cal vaise rehabilitar para crear un aula de natureza. "As obras aínda non comezaron e teñen un orzamento de arredor de 30.000 euros cunha subvención do goberno galego", dixo o alcalde. "Xa temos a subvención concedida e sacarémola en breves a concurso e terán que comezar as obras rápido pois ten que estar rematada en novembro", engadiu.

No tocante ao deporte o Concello vai crear unha pista de pádel nunha parcela fronte do Concello con cargo a unha subvención de preto de 30.000 euros. "Esta obra atópase en fase de contración e terá que estar rematada en outubro", informou Val.

Tamén están inmersos noutra subvención de Augas de Galicia para as obras da captación da ETAP do depósito de Adelán que conta cun orzamento duns 25.000 euros co "que se traballará ademais nas instalacións e poñeremos un equipo de filtración para mellorar a calidade da auga", di o rexedor alfocego.

Outra das obras que dará comezo de inmediato será a da ponte de Guilifonso, pois "a obra xa está contratada e terá unha duración dun mes". Estas tarefas son para a reposición da ponte xa que foi derrubada durante un temporal por unha enchente. As obras de construción teñen un orzamento de 100.000 euro.

Por outra banda vaise rehabilitar unha vivenda de titularidade municipal no municipio co fin de destinalas a alugueiro social. Así, Alfoz contará cunha axuda de 33.000 euros para facer un espazo de uso residencial no primeiro piso dun edificio antigamente ocupado pola escola do núcleo da Pinguela. Para iso, prevese actuar na envolvente, distribución interior, albanelería, instalacións e acabados, entre outras melloras. Esto servirá para que o Concello que ten demanda de vivenda de promoción pública poida crear un parque residencial para ofrecelo en réxime de arrendamento.

Escola da Pinguela Lagoa Alfoz2
0.16640591621399