Alfoz inicia reunións coa veciñanza para o deseño do vindeiro orzamento municipal

AMariñaXa
O Concello de Alfoz inicia a rolda de reunións coa veciñanza das diferentes parroquias para o deseño do vindeiro orzamento municipal
votacion reunion
12 Out 2021

O Concello de Alfoz inicia o vindeiro venres, 15 de outubro, ás 20.30 horas na Escola do Chao no Pereiro,  a rolda de reunións coa veciñanza das diferentes parroquias para o deseño do vindeiro orzamento municipal, así como para informar sobre diferentes obras, servizos e programas que se están a desenvolver no municipio.

Trátase de convocatorias abertas a toda a cidadanía que se levarán a cabo durante os meses de outubro e novembro en cada unha das parroquias de Alfoz coa intención de establecer un diálogo sobre todos aqueles temas de interese e onde recoller as demandas, dúbidas e/ou suxerencias dos veciños e veciñas para mellorar entre todos o noso pobo.

Irase comunicando cada semana o lugar da xuntanza en cada parroquia, rematando no Salón de Actos do Centro Sociocultural onde se reunirán San Pedro de Mor, Reirado, O Castro e as distintas asociacións e clubes non incluidas nas anteriores convocatorias.

Pra máis información haberá que chamar ao teléfono 982 558 001 (ext.2).

0.16218090057373