Alfoz informou que segue aberto o prazo para solicitar praza na Escola Infantil

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
20 May 2020
O Concello de Alfoz informou que dende o 18 ata o 29 de maio estará aberto o prazo para solicitar praza na Escola Infantil de Galicia.

A solicitude pode realizarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/ ou ben de xeito presencial pedindo cita previa.

O horario de atención ao público (previa cita) será de 9.00 a 15.00 favorecendo a maior parte dae información e dúbidas vía telefónica e/ou on line para poder preservar a vosa seguridade e a do persoal da escola.

O contacto telefónico realizarase no seguinte número 982 57 12 21 e o contacto vía correo electrónico no seguinte enderezo: escolainfantil.alfoz@igualdadebenestar.org.

Atoparedes toda a información do proceso de admisión na páxina www.escolasinfantisdegalicia.es


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17391991615295