Alfoz e o Valadouro únense contra a violencia de xénero

TerraChaXa | AMariñaXa
17 May 2019

Os concellos de Alfoz e O Valadouro emprenderon un programa de accións educativas contra as violencias machistas, financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad, a través da Secretaría de Estado de Igualdad. As accións tiveron lugar no IES Alfoz-Valadouro que acolle alumnado de ambos os dous concellos.
Conscientes da importancia da erradicación de todo tipo de violencias tanto na adolescencias, cando se comezan a manifestar as conductas violentas, como en idades máis temperás, para evitar que estas aparezan, as accións levadas a cabo o pasado 13 e 14 de maio dirixíronse ao alumnado dos catro niveis de Educación Secundaria Obrigatoria, que sumaron máis de 70 de alumnos e alumnas.
Durante as actividades realizáronse dinámicas orientadas á concienciación e reflexión sobre a violencia de xénero, como por exemplo a visualización da curtametraxe “Diana en la red”, coa que o alumnado puido poñerse na pel das persoas protagonistas para despois reflexionar e estimular o cambio de crenzas e conductas violentas.
O Alcalde de O Valadouro, Edmundo Maseda, e a concelleira da área de Servizos Sociais e Educación. María Mon, así como o Tenente Alcalde do Concello de Alfoz,  Xabier Pardiñas, estiveron presentes o pasado luns para saudar ao alumnado e manifestaron a súa preocupación polas actitudes violentas entre as e os dolescentes e a importancia da súa implicación nos talleres.
A empresa ReTnova Proxectia Consulting foi a encargada da posta en marcha  deste programa de accións educativas para contribuír á eliminación das violencias  machistas e á promoción das relacións igualitarias entre os e as menores de idade.

0.17654395103455