Alfoz e O Valadouro subvencionan un autobús para desprazarse ata a Piscina de Foz

AMariñaXa
O Concello de Alfoz e o do Valadouro subvencionan un autobús para desprazarse ata a Piscina Municipal de Foz
CURSO NAtacion alfoz 1
CURSO NAtacion alfoz 1
22 Nov 2022

O Concello de Alfoz e o do Valadouro subvencionan un autobús para desprazarse ata a Piscina Municipal de Foz, co fin de fomentar hábitos saudables a través dun curso de natación.

O devandito curso ten un prezo de 14 euros ao mes ou baño libre de 3.30 euros ao día e é obrigatorio saber nadar. Os usuarios terán que abonar o custo do curso pois o Concello tan só subvenciona o autobús todos os mércores laborables desde xaneiro ata xuño en horario de mañá.

As prazas son limitadas e completaranse por orde de inscrición no Rexistro Municipal, na Casa do Concello. Modelo de solicitude dispoñible tamén nesta páxina.

Para máis información haberá que chamar ao teléfono 982 558 001.

CURSO NAtacion alfoz
0.17365503311157