Alfoz e O Valadouro fusiónanse para o fútbol base
A Asociación Deportiva, AD, Río Ouro naceu recentemente no val do mesmo nome, entre ámbolos dous concellos, O Valadouro e Alfoz, para sacar proveito do talento das nenas e nenos que forman parte das escolas deportivas municipais das dúas municipalidades.
Antes competían baixo a denominación de EMD, escolas municipais deportivas valadourenses, na modalidade de fútbol sala e a ACD Valadouro na de fútbol, con equipos en categoría benxamín e alevín.
Ante inquietude dos dous concellos de aunar forzas e a preocupación das mamás e papás de non ter que depender de clubes terceiros, decidiron crear este novo clube, composto por nenos e nenas, non só dos dous concellos, senón tamén doutros da Mariña, se ben se poden matricular os dos lugares veciños e todo o que queira.
Vendo o auxe que está tendo este deporte dentro das escolas deportivas, rozando os 70 inscritos, este ano creáronse equipos nas categorías biberón, prebenxamín, benxamín, alevín e infantil.