Alfoz descobre o seu patrimonio histórico e natural coa nova edición de Polos Camiños do Mariscal

AMariñaXa
O emblemático Castrodouro e o seu Castelo será a sede, nos próximos días 18 e 19 de xullo, do Mercado Medieval
alfoz-caminos
7 Jul 2025

O Concello de Alfoz, en colaboración coa empresa Guía tu día, continúa a sumar éxitos co programa Polos Camiños do Mariscal, unha iniciativa que pon en valor o patrimonio histórico, cultural e natural do municipio. Esta proposta xa conta cunha excelente acollida entre a veciñanza e os visitantes, que aproveitan as rutas guiadas para coñecer de primeira man os lugares máis destacados da zona.

A primeira ruta, celebrada o pasado mes de xuño, percorreu desde a Pena Abaladoira ata a Fervenza do Escouridal, ofrecendo un itinerario único e cheo de atractivo.

Xa en xullo, as persoas participantes realizaron unha completa visita guiada polas parroquias de Bacoi, Carballido, Adelán e O Castro, acompañadas por Ana, de Guía tu día. Durante o percorrido, camiñaron polas beiras do río Ouro e coñeceron a historia que rodea casas señoriais, pazos, pombais, cruceiros, fontes e igrexas que marcan o carácter do municipio.

A ruta rematou na parroquia do Castro, onde puideron contemplar o emblemático Castrodouro e o seu Castelo, unha xoia patrimonial que segue a atraer o interese tanto da veciñanza como dos visitantes.

Este enclave será tamén a sede, nos próximos días 18 e 19 de xullo, da vintecinco edición do Mercado Medieval, que contará cunha completa e variada programación. Un dos momentos destacados será a visita guiada que se organizará o sábado 19, pensada tanto para maiores como para os máis pequenos.

⚙ Configurar cookies
0.16276502609253